Adega remata as súas xornadas cunha visita á olería de Bonxe

TerraChaXa
Adega porá punto e final ás xornadas ambientais de verán co título Os catro elementos" o vindeiro domingo 26 de xullo.
adega
22 Xul 2020

Adega porá punto e final ás xornadas ambientais de verán co título Os catro elementos" o vindeiro domingo 26 de xullo. Nesta ocasión toma protagonismo a terra cunha visita á olaría de Bonxe e andaina ás barreiras de San Lourenzo, de onde quitaban a materia prima.

O punto de encontro será ás 10.30h na olaría, para chegar, camiñando, ata ás barreiras de San Lourenzo, a uns 3 Kms. Hixinio Flores será o encargado de guiar esta sesión nas barreiras, de onde quitaban a materia prima da que foi a actividade principal de Bonxe durante moito tempo.

Na volta visitará  o interior da olaría, onde Pepa Lombao explicará o proceso de transformación do barro en pezas facilmente identificables ao seu lugar de orixe.

Con esta actividade ponse punto e final ás xornadas, "coas que quixemos recoñecer os elementos da natureza: o lume, a auga, o ar e a terra, sempre presentes, e cada vez máis deteriorados polo estilo de vida actual. Buscamos o seu coñecemento e aproveitamento dende o principio da sustentabilidade", din.

Para participar na visita é preciso reservar praza chamando ao 982240299 ou escribindo a  adegalugo@adega.gal, indicando nome apelidos, e teléfono de contacto.

É necesario o uso de máscara, e limítanse as prazas a 15 persoas. Ademáis hai de xel hidroalcólico.

0.1121518611908