Adestramento de motociclismo no circuíto da Pastoriza este domingo

Este domingo, 4 de maio, celebrarase unha nova xornada de adestramento no circuíto da Pastoriza, organizada por MVR As Pontes. A actividade dará comezo coa apertura do recinto ás 9:30 horas, iniciándose os adestramentos ás 10:00 horas e prolongándose ata as 18:00 horas.
A organización lembra que para que a sesión poda levarse a cabo será necesario un mínimo de 20 pilotos inscritos. Ademais, contarase con servizo de ambulancia para garantir a seguridade dos participantes.
As persoas interesadas en participar poden obter máis información ou realizar a súa inscrición a través do correo electrónico mvraspontes@gmail.com ou chamando ao teléfono +34 698 144 717.