Adhara e Ritman presentan na casa de Manuel María o seu novo traballo

TerraChaXa | LugoXa
Adhara & Ritman presentan este sábado, ás 20 horas, na Casa-Museo Manuel María, Por elas, o seu segundo traballo musical.
adhara en concerto manuel maria portada
18 Out 2022

Adhara & Ritman presentan este sábado, ás 20 horas, na Casa-Museo Manuel María, Por elas, o seu segundo traballo musical. Un disco inspirado principalmente na figura de Rosalía de Castro e na tradición folclórica popular galega e en que a muller galega é a protagonista.

Adhara Caamaño, voz, Tito Barbeito, guitarra, Andrés Castro, baixo, e Arturo Kress, batería, fan unha proposta moi atractiva en que o seu persoal folk reactiva a tradición ou mestízaa con outros estilos como o soul, funky, reagge, rythm and blues… e na que salienta a personalísima e inconfundíbel voz da vocalista de Lira (Carnota), Adhara. (https://www.youtube.com/watch?v=3qfBLNFw0tI)

Finalistas no XI Concurso Fran Pérez Narf, da Deputación da Coruña, e gañadores do XXI Concurso de bandas de CUAC FM, Adhara & Ritman leva actuado en importantes festivais e salas galegas como a Capitol, Mardigrás, Garufa ou Filomatic.

Por elas é un traballo producido, gravado e editado en Kress Music Studio, dirixido polo propio batería da banda Arturo Kress e composto por Adhara Caamaño e Tito Barbeito. Libre son (2017) foi o seu primeiro disco e ambos están ilustrados pola pintora e escultora muxiá Viki Rivadulla.

Para asistir ao concerto é necesario facer reserva previamente en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621 (billete: 5 euros)

adhara en concerto manuel maria
0.19133901596069