Adif non acepta facer unha variante en Parga
Parganonsedivide, a plataforma creada en Parga en demanda dunha variante da vía férrea segue firme na súa postura pedindo a construción dunha variante, que discorrería polo norte da localidade, xa que o proxecto que presentou Adif no 2018 implica segundo este grupo, a división do pobo en dúas metades unidos por dous pasos subterráneos para peóns e un en superficie polo que circularían os vehículos.
Os membros do colectivo volveron a mostrar a súa oposición a este proxecto tras unha reunión mantida coa alcaldesa, Marisol Morandeira, despois de que ao Concello de Guitiriz chegase un novo escrito de Adif mantendo este proxecto e indicando ao Concello que ten que tomar unha decisión sobre a execución ou non do mesmo.
A alcaldesa mostrou ante a plataforma que o asunto debe ser analizado e non está de acordo coa execución dun proxecto "ao que se opoñen os veciños".
Neste tempo realizáronse varias reunións e intervencións políticas sen resultado polo que a plataforman mantense na ides de que se non se contempla a variante prefieren quedar como están.