Adri, fichaxe estrela do Forma-t Vilalba FS para esta tempada
O CEO do Grupo Forma-t Vilalba, Iván Fernández, recibiu nas instalacións da empresa a Adri, o novo xogador do equipo e fichaxe estrela da tempada.
Adri, coñecido como o Mago de Ferrol, foi internacional absoluto con España e designado coma un dos mellores xogadores nacionais dos últimos anos.
Durante a súa dilatada carreira militou en equipos coma Azkar Lugo, El Pozo Murcia, Sport Club KPRF ruso e recentemente no Parrulo Ferrol, ademais de gozar de premios individuais e colectivos no seu palmarés. Foi internacional con España e levou o título de mellor á LNFS na tempada 2019/2020. Tamen gañou a Supercopa de España (2012,2014), a Copa del Rey (2016), a Recopa de Europa (2005) e as copas Xunta e Presidente FFRM en varias ocasións.
Na recepción estivo acompañado polo presidente do club, Álvaro Fraga, e polo director deportivo, Kini Martínez.
Ademais de Adri, tamén se confirmou, polo momento, a chegada de Dani González e Alonso.
Renovaron no equipo os pivotes Antón, Kevin Chis, ademais de Diego Táboas, Simón, Diego Fariñas, Dani Quintela, Isma con César e Tini na porta.
Seguirán todos ás ordes de Kini, o técnico lucense artífice do ascenso á Segunda División do equipo feminino e da Segunda División B do masculino. Cumprirá a sexta tempada no club.
Deixan o equipo Keita e Fede.