Adrián Ben pechará as Xornadas do Deporte 2020

TerraChaXa | LugoXa
As IX Xornadas do Deporte Academia Imdecum terán un colofón de luxo co atleta viveirense Adrián Ben, nunha conversa conducida polo xornalista Andrés Armero.
6dee69c5 d422 4646 b97b 0088ce5965c7
23 Xuño 2020

As IX Xornadas do Deporte Academia Imdecum terán un colofón de luxo co atleta viveirense Adrián Ben, nunha conversa conducida polo xornalista Andrés Armero. Será o venres 26 ás 18.00 horas, a través de Zoom.

Aberto para todo o público interesado

O relatorio leva o nome Conversando con Adrián Ben, entrevista dirixida por Andrés Armero, director de comunicación en entidades deportivas e empresas.

Tras a súa experiencia en Marca.com e Marca ou como xefe de prensa de clubs de fútbol como o Real Valladolid ou Granada, o lugués Andrés Armero achegaranos as vivencias deportivas e persoais do medallista europeo Adrián Ben, toda unha referencia e un exemplo para o deporte da Mariña, de Galicia e de España.

O coidado do pé e a orientación deportiva

A novena edición do ciclo da Academia Imdecum, que reconverteu as aulas do IES Monte Castrelo na plataforma Zoom, contou coa presenza do burelao Miguel Ángel Murias Carrasco, podólodo do Pescados Rubén Burela Fútbol Sala baixo o título “Os pés do deportista e a importancia da prevención de lesións” e o ourensán Xan M. Trigo Recarey, organizador de probas e xuíz controlador autonómico de orientación, con “A orientación como deporte, o orientador turista e os tipos de eventos, con carácter multidisciplinar”.

0.066175937652588