Adrián López e Ainara Rodríguez gañan a XIV carreira Guitiriz Termal
Adrián López e Ainara Rodríguez proclamáronse gañadores absolutos da XIV Carreira Popular Concello de Guitiriz Termal organizada polo Concello, en colaboración co Club Atletismo Guitiriz e coa Xunta Local de Loita Contra o Cancro de Guitiriz, na que participaron en total preto de 300 persoas.
Na categoría sub 10 os vencedores foron Roberto Fernández e Mireia Díaz, en sub 12, gañaron Lucas Lage e Noa Abella. En sub 14 remataron en primeiro posto Olaya Prado e Fran Miragaya, e en sub 16 fixérono Hugo Ferro e Nerea Braña. Na modalidade sub 18 o triunfo recaeu en Ramón Loureiro e Aldara Ceide. Na proba senior Adrián Suárez e Susana Abelleira encabezaron a proba, mentres que nas probas máster os vencedores foron os seguintes:
- Máster 1: Esteban Díaz e María Álvarez.
- Máster 2: Roberto Vale e Elvira Cereijo.
- Máster 3: Javier Toro.
Proximamente anunciarase a cantidade total recadada a través das inscricións e da Fila 0, que irá a parar á Xunta Local de Loita Contra o Cancro de Guitiriz.