Adriana Rouco gañou o concurso de postais de Nadal de Outeiro de Rei
A Área de Cultura do Concello de Outeiro de Rei deu a coñecer a relación de nenos e nenas premiados do Concurso de Postais Nadal 2023. A gañadora foi Adriana Rouco Marqués, de 5 curso. Esta postal foi utilizada para felicitar o Nadal aos veciños e veciñas do municipio.
Ademais, na categoría de I, para nenos de 1º a 3º de Primaria, os premios foron para Pablo Hernando González (2ºA), Ainhoa Pérez Méndez (1ºB) e Daniela Corujo Fojón (3ºA). Tamén houbo un accésit para Daniela Corujo Fojón (3ºB).
Manuel López Gil (2ºA Primaria)
Na categoría II, para o segundo ciclo de Primaria, o segundo e terceiro premios foron para Juan David Barreiro Gómez (6ºA) e Iago Río Pernas (4ºB). Tamén se deron accésit a Roi Bartolomé Gómez (5ºA) e Norah Santos Redondo (4ºB).