Adxudicadas 26 xatas na poxa da granxa Gayoso Castro

TerraChaXa | LugoXa
A Rubia Galega continúa ao alza e logra na subasta de hoxe no centro de recría da Granxa Gayoso Castro adxudicar 26 dos 27 animais presentados.
poxa xatas granxa gayoso castro
2 Dec 2021

Apenas dúas semanas despois dunha excelente feira de Adai, con boas ventas, altas cotizacións e sen subastas desertas, a Rubia Gallega continúa ao alza e logrou na subasta de onte no centro de recría da Granxa Gayoso Castro adxudicar 26 dos 27 animais presentados e un prezo medio de 2.213 euros, superando en máis de 200 euros o do pasado ano, que foi de 2.011 euros. Éxito rotundo, polo tanto, na nova convocatoria de subasta de xatas preñadas organizada pola Asociación de Criadores de Raza Rubia Gallega, en colaboración coa Deputación de Lugo.

A primeira das poxas da mañá quedou deserta, pero ese foi o único dato negativo, que se quedou na simple anécdota nunha xornada na que só cinco xatas se adxudicaron polo prezo de saída, mentres que o resto subíu dos 2.000 euros. A maior cotización, sen embargo, foi para un exemplar de 25 meses de idade, preñada de cinco meses, adquirida por un gandeiro de Pedrafita do Cebreiro por 2.700 euros.

Un total de 37 gandeiros retiraron a tarxeta necesaria para poder participar na subasta, a maioría deles da provincia de Lugo, aínda que tamén estiveron presentes responsables de explotacións de varios municipios da Coruña, como San Sadurniño, Zas, Mazaricos e Melide. De feito, un gandeiro deste último municipio adquiríu un total de seis xatas nesta subasta. Outros catros exemplares irán a parar á mesma explotación, neste caso en Ribadeo, e tamén houbo un gandeiro de Sarria que adquiríu tres animais na xornada de hoxe. O resto de exemplares irán a explotacións de varios municipios lucenses, de prácticamente todas as comarcas.

O presidente da Asociación de Criadores de Raza Rubia Gallega, César Dorado, estivo acompañado pola directora da granxa Gayoso Castro, Sonia Verdes; o deputado de Recursos Sostibles da Deputación de Lugo, Roberto Fernández, entre outras autoridades. Dorado sinalou ao término da subasta que "estos bos resultados avalan o traballo que se está a facer neste centro de recría. Sempre comento que os gandeiros saben recoñecer a calidade e as boas cualidades dos exemplares que presentamos ás subastas, e o feito de que se venderan 26 dos 27 animais, unhas semanas despois de Adai, demostra que estamos no certo e que imos polo bo camiño".

Charla Informativa

A actividade de Acruga na granxa Gayoso Castro non remata coa poxa. Responsables e técnicos desta asociación estarán de novo nas instalacións deste centro de recría o venres, día 3, para a partir das 12.00 da mañá ofrecer unha charla informativa aberta a todos os gandeiros e gandeiras do sector cárnico. O obxectivo é informar aos interesados da actividade, vantaxes, proxectos e datos da Asociación de Criadores de Rubia Gallega. A charla, que tamén conta coa colaboración da Deputación de Lugo, terá lugar no aulario da nave de prácticas da granxa experimental deste centro de recría.

0.20776295661926