Adxudicadas as obras da senda peonil e ciclista en Friol

TerraChaXa
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras para a execución dunha senda peonil e ciclista na estrada LU-232, para a mellora da mobilidade sostible no entorno do polígono industrial do Concello de Friol, por un orzamento de case 214.
sendafriol
8 Xul 2019

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras para a execución dunha senda peonil e ciclista na estrada LU-232, para a mellora da mobilidade sostible no entorno do polígono industrial do Concello de Friol, por un orzamento de case 214.000 euros.

Estes traballos, adxudicados á empresa Grupo Bascuas 2008, teñen un prazo de execución de 6 meses aproximadamente e prevese que comecen no vindeiro mes de agosto.

As obras consisten na execución dunha senda compartida peón-bici á altura do polígono A Gándara- Baiuca e ata a glorieta de entrada á travesía de Friol, entre os puntos quilométricos 18+300 e 18+870, completándose coa ampliación da beirarrúa existente e a execución dun paso de peóns.

A senda executarase pola marxe dereita da estrada LU-232 e terá un acho de 2 metros e unha lonxitude de algo máis de medio quilómetro, estando separada da calzada por unha cuneta de seguridade para a canalización das augas de drenaxe e unha banda axardinada.

O obxectivo deste traballos e a integración do itinerario peonil e ciclista na vía actual, nunhas condicións de seguridade axeitadas e cuns criterios de deseño sostibles ambiental e economicamente.

As actuacións tamén inclúen a sinalización, tanto horizontal como vertical, que cómpre modificar trala execución das novas actuacións.

0.19529008865356