Adxudicadas as obras da senda peonil no polígono de Outeiro de Rei

TerraChaXa
A Xunta adxudica as obras de execución dunha senda peonil e ciclista na estrada LU-115, no polígono industrial de Outeiro de Rei, cun investimento de máis de 285.
27 Feb 2020

A Xunta adxudica as obras de execución dunha senda peonil e ciclista na estrada LU-115, no polígono industrial de Outeiro de Rei, cun investimento de máis de 285.000 euros.

Esta actuación impulsada pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé o seu inicio este mes de marzo. O contrato foi adxudicado á empresa Construcciones Taboada y Ramos, S.L e prevé un prazo de execución de 8 meses.

As obras consisten na execución dunha senda ao carón desta estrada de titularidade autonómica, entre as glorietas existentes para acceso ao polígono industrial A Matela, entre os puntos quilométricos 1+430 e 1+720, incluída unha pasarela sobre o ferrocarril. En paralelo á estrada existe unha vía de servizo que se atopa interrompida polo vía de ferrocarril, polo que este tramo de senda permitiría a continuidade para os peóns.

A senda terá unha lonxitude total de 245 metros pola marxe esquerda xa que evita cruces na calzada, e disporá dun ancho de 2 metros transitables, incluído o bordo, en parte sobre muros para evitar ocupacións excesivas en terreos colindantes. Nesta obra executaranse tamén os elementos de drenaxe necesarios para a correcta evacuación das augas.

Na intervención se proxecta a incorporación dunha pasarela sobre o ferrocarril, adosada ao paso existente, dunha lonxitude de 16,6 metros e un ancho libre entre varandas de 2,15 metros.

As actuacións tamén inclúen a sinalización, tanto horizontal como vertical, que cómpre modificar trala execución das novas actuacións.

Con esta actuación, o departamento de Infraestruturas da Xunta ten como obxectivo fomentar o modelo de mobilidade sostible a través da dotación da senda peonil – ciclista, identificada en base a súa funcionalidade como eixo significativo de comunicación non motorizada.

0.20265603065491