Adxudicadas as obras de mellora na Edar de Castro Ribeiras de Lea

TerraChaXa
O proxecto conta coa autorización da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e ten un prazo de execución de18 meses
Edar Castro Riberas de Lea
6 Feb 2021

O Concello de Castro de Rei adxudicou o proxecto de amñiación e mellora da eficiencia enerxética da Edar de Castro Ribeiras de Lea á empresa Demain SL por preto dun millón de euros (989.930 euros).

Esta obra conta tamén con outros orzamentos engadidos, como so 20.000 euros de gastos de redacción do proxecto e 31.000 de dirección de obra e coordinación de segridade e saúde, o que supón un total de 1.040.000 euros que destinará o Concello a esta actuación.

As obras están financiadas cunha subvención do Idae de axudas a proxectos singulares das entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono. Esa axuda significará o 80% do custe total do proxecto, que supón para o Concello uns 240.000 euros.

Segundo explica o alcalde Francisco Balado, a finalidade do proxecto consiste en reducir os verquidos, mellorando a calidade da deputación das augas residuais, duplicar a capacidade da depuradora, pasando de 350 metros cúbicos ao día a 700, e mellorar a eficiencia enerxética, transformando o reactor biolóxico existente nunha canle de decantación primaria e instalar dúas novas liñas de tratamento biolóxico, unha por cada 1.500 habitantes, así como un decantador troncocónico, o que permitará duplicar a capacidade da planta.

O proxecto conta coa autorización da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e ten un prazo de execución de18 meses.

“Dende o Concello de Castro de Rei, valórase moi positivamente a concesión da subvención para esta finalidade, sobre todo de cara  evitar verquidos da depuradora que en moitas ocasións non podíamos controlar por falta dos mecanismos de depuración axeitados”, engade o alcalde.

0.16722011566162