Adxudicadas as obras do conservatorio de Baamonde
O Concello de Baamonde adxudicou o proxecto de Reforma e Acondicionamento de Instalacións para Escola de Música, Baamonde-Begonte, cun orzamento total de execución de 399.600,08 euros e cun prazo de execución de seis meses. A obra estará ao cargo de Construcciones y Canalizaciones José Saa SL.
As obras, conforme ao proxecto redactado, están destinadas á reforma das instalacións do antigo colexio de Baamonde, concretamente dos Bloques 2 e 3, para destinalos a Escola de Música, co fin de dispoñer no municipio "dunhas instalacións acordes e axeitadas cos tempos actuais e co servizo a prestar, e que veñen a dar resposta a unha crecente demanda na comarca neste eido educativo, cultural e de ocio", explica a memoria do proxecto.
Trátase da primeira fase deste proxecto que está dividido en lotes diversos nun proxecto amparado pola Xunta de Galicia a través dun convenio de colaboración.
Os traballos consistirán no illamento acústico dos bloques 2 e 3 e a mellora da accesibilidade coa instalación dun ascensor e un aseo adaptado.
Tampouco haberá grandes modificacións no bloque 3, que se unirá co resto a través de paso abertos e cubertos con chapa.