Adxudicadas as obras do firme de estradas autonómicas da comarca das Pontes

TerraChaXa
Esta intervención ten como obxectivo a mellora de varios treitos da AC-110, AC-112 e AC-564, que discorren polas Pontes, As Somozas, Narón e San Sadurniño
obras-estradas-xunta-as-pontes
24 Feb 2025

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas adxudicou por 1.769.062 euros, as obras de mellora do firme en 3 estradas autonómicas na comarca de Ferrol.

Esta intervención, adxudicada á empresa Lancer Proyectos y Obras, S.A., teñen como obxectivo a mellora das características funcionais da vía en varios treitos das estradas AC-110, AC-112 e AC-564, que discorren polos concellos das Pontes, As Somozas, Narón e San Sadurniño.

O contrato asinouse no día de hoxe, e as obras comezarán previsiblemente na primavera. O prazo estimado de execución das obras é de 5 meses.

En concreto, as actuacións consistirán na rehabilitación superficial localizada do firme das estradas, restaurando ou mellorando as características superficiais do pavimento, adecuando as súas necesidades funcionais e de durabilidade.

Tamén se realizarán melloras na drenaxe, a sinalización, nos sistemas de contención e no balizamento, así como a limpeza de gabias existentes.

A Xunta continúa a traballar para manter as vías de titularidade da Xunta nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios, incrementando este ano en máis dun 30% as partidas destinadas a súa conservación, máis de 68 millóns de euros.

⚙ Configurar cookies
0.55540490150452