Adxudicado en Xermade o contrato de mellora da rede de saneamento

O Concello de Xermade, por acordo da Xunta de Goberno Local, adxudicou á empresa Cholo SL (CIF B27028810) a execución do contrato de Actuacións para reducir as infiltracións na rede de saneamento municipal do Concello de Xermade, no prezo de 35.855,55 euros máis IVE.
Ao abeiro da resolución do 28 de marzo de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de actuacións para reducir as infiltracións nas redes de saneamento municipais en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, estas actuacións recibiron unha axuda de 45.000,00 euros.
O prazo de execución dos traballos remata o 30 de marzo.
Estas actuacións están contempladas na Auditoría municipal da rede de saneamento para a detección de infiltracións no concello de Xermade realizada no ano 2024. O obxecto das actuacións propostas é, primeiro, a substitución dun tramo de colector de entrada á EDAR de Roupar, de escasa capacidade e no que se detectaron problemas de infiltracións.
Por outro lado, dentro das medidas recollidas na auditoría, se atopan os traballos de impermeabilización e reparación de pozos de rexistro, por tanto, proponse executar traballos de impermeabilización de pozos de rexistro, nos lugares de Roupar e Xermade, pertencentes aos sectores 01: A Ermida-Calousada (pozos situados augas arriba do colector a substituir) e 04 Xermade, priorizando en función do grado de afección existente e do caudal de infiltración presente.