Adxudican a colocación de céspede no campo de fútbol de adestramento de Castro

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Castro de Rei vén de adxudicar a última fase das obras de acondicionamento do campo de adestramento de fútbol a Calfensa.
campo adestramento castro
8 Out 2021

O Concello de Castro de Rei vén de adxudicar a última fase das obras de acondicionamento do campo de adestramento de fútbol a Calfensa por un valor de 131.164,00  euros e un prazo de execución de dous meses.

Os traballos contemplan a cubrición do campo de fútbol con céspede artificial de 105,00 x 64,00 metros colocado sobre as bases, ocupando unha área total, incluídas as zonas perimetrais de protección de 6.720 m/2.

As necesidades do novo terreno de xogo que se proxecta, en canto ó pavimento de herba artificial do campo de fútbol implica a colocación sobre a capa elástica existente dunha manta de céspede artificial lastrada mediante capa de area seleccionada de sílice redondeada e gránulos de caucho reciclado.

Esta actuación atópase incluida no Convenio de Cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Castro de Rei para realizar cun orzamento total de 159.983,77 euros, dos cales o organismo autonómico financia 100.112 euros e o concello aporta 59.871,77. O compromiso era de que esta obra esté executada antes do 2 de novembro.

0.15778589248657