Adxudican en Vilalba 40 obras de pavimentación no rural

TerraChaXa
Os traballos comezarán o luns 10 de xaneiro e forman parte do acordo entre o grupo de goberno e Vilalba Aberta.
estrada maquinaria firme mellora obras
31 Dec 2021

Os traballos comezarán o luns 10 de xaneiro e forman parte do acordo entre o grupo de goberno e Vilalba Aberta.

O Concello de Vilalba adxudicou corenta obras destinadas a mellorar e pavimentar viais e camiños no rural, cun investimento conxunto de 795.000 euros.

Os traballos comezarán o luns 10 de xaneiro e as adxudicacións forman parte dun acordo entre o grupo de goberno e Vilalba Aberta.

Entre as obras adxudicadas, están os accesos a Corvite e Pumariño (Goiriz); traballos en Os Muíños (Sancobad); acceso a Vesura (Santaballa); As Veigas (Santaballa); acceso a Vilate (Lanzos); acceso a Fontevella (Lanzos); acceso a Broz (Goiriz); acceso a As Chousas (Corvelle); accesos á igrexa de Román, Valiño, Revolta e Carboeira (Román), e acceso a Tineos (Tardad).

Haberá tamén actuacións de pavimentación no acceso a Os Castros, Lourixe e Aguiar (Nete); acceso a Fontechousa (Distriz); acceso Villamartin (Rioaveso); pista da Seara (A Costa); pista de Saa (Torre); acceso a Braña (Ladra); acceso a Barral (Sancobad), e accesos ao Carballal e Os Fornos (Corvelle).

Outras obras serán nos accesos a Montesalgueiro, A Casanova e Laguela (Goiriz); acceso a Bouzamelle (Román); acceso a Cordal (Codesido), e accesos a Veiga Pena Grande, A Pedreira, e As Lamelas (Carballido).

Por último, haberá melloras nas Lamelas (Carballido); accesos a Macán, o Catadorio E Pardasalbas (San Simón); accesos aos núcleos rurais de Abadín e Carretera (Alba); acceso ao núcleo rural de Campelos (Rioaveso), e aglomerados en José María Chao Ledo (Santa Maria) e a rúa da Emigración (Santa María).

“Manter nas mellores condicións posibles as comunicacións no rural é unha prioridade para o noso grupo de goberno, reforzando a seguridade viaria de vehículos e peóns”, asegura Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas do Concello de Vilalba.

0.1787281036377