Adxudican en Xermade as obras de reparación de estradas en varias parroquias

TerraChaXa
A Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade adxudicou na última semana de maio á empresa José No Mantiñán e Hijos Construcciones S.
4 Jun 2020

A Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade adxudicou na última semana de maio á empresa José No Mantiñán e Hijos Construcciones S.A., o contrato de obra  da Reparación de estradas en Reguengo, Xemaré, Vilariño, Xermade, Pena de Egua, Fonxérez, Pena de Arca, etc., por importe de 42.106,97 euros e 8.842,46 euros correspondentes ao IVE, o que supón un total de 50.949,43 euros, así como a ampliación de garantía de catro anos, conforme á oferta presentada.

Toda a documentación relacionada con este expediente está publicada no perfil do contratante do Concello de Xermade, alonxado na plataforma de contratación do sector público.

O investimento está financiado pola Deputación de Lugo, con cargo ao Plan Único 2019. A baixa na licitación ascende a 16.219,61 euros e serán destinados a financiar outro investimento para a mesma finalidade.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17954206466675