Adxudican unha nova parcela no polígono de Friol que se dividirá en dúas
Visto bo da Xunta de Goberno provincial á adxudicación directa dunha parcela de uso comercial no polígono industriais A Gándara, en Friol, por 108.015,53€, que se dividirá en dúas para poder desenvolver dúas actividades diferentes.
O acordo foi tomao pola Xunta de Goberno Local provincial na última reunión do vernes 3 de xuño.
Neste polígono a Deputación ofertou, mediante poxa pública, 34 parcelas cunha superficie total de 63.331,55 m2. A día de hoxe, a superficie vendida ou en trámite de venda é de 9.657,83 m2, e supón a implantación de 5 novas actividades empresariais neste polígono.
A superficie dispoñible para a venda no polígono industrial da Gándara na actualidade é de 53.673 m2 en parcelas cunha superficie de 900 a 12.000 metros cadrados, a un prezo de 36,42€ ou 34,69€ por metro cadrado, dependendo das características da parcela.