Aemet avisa da alerta por forte temporal de vento na costa

TerraChaXa | LugoXa
14 Nov 2019

A Dirección Xeral de Protección Civil e Urxencias de acordo coas predicciones da Axencia Estatal de Meteorología, alerta por forte temporal marítimo nas costas do norte peninsular.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía, advirte dun fenómeno meteorolóxico adverso nas próximas horas de nivel vermello na Mariña Lucense e no litoral da Coruña e Pontevedra.

Espérase forte oleaxe en Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco, onde as ondas poderían alcanzar os 7 metros de altura, situación que se manterá tamén mañá venres.

Doutra banda, a partir de hoxe prevense nevadas en zonas altas da metade norte, así como choivas de certa intensidade, e que os ventos en terra arrecien mañá en gran parte da Península, Baleares e Canarias. Especialmente intensos serán os ventos na provincia de Tarragona, onde se esperan rachas de ata 110 km/h. e forte temporal nas costas.

 

 

 

0.13729906082153