Afalu e o Concello de Friol celebran este xoves un obradoiro de Samaín
LugoXa | TerraChaXa
A actividade terá lugar no Centro Colaborativo de Friol ás 18:00 horas e está aberta a persoas de todas as idades
30 Out 2024
O Concello de Friol, en colaboración coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Lugo (Afalu), organiza un obradoiro de Samaín este xoves, 31 de outubro. A actividade terá lugar no Centro Colaborativo de Friol ás 18:00 horas e está aberta a persoas de todas as idades.
O evento promete ser unha oportunidade para gozar dunha tarde de actividades creativas e divertidas, relacionadas coa celebración do Samaín. Realizarase un obradoiro interxeracional ao que están convidados todos os veciños.