Afalu pon en marcha en Muras obradoiros de memoria

TerraChaXa
As persoas interesadas en anotarse poden facelo no Concello ou chamando ao teléfono 982 500 001
pezas-puzzle-memoria-taller-maiores
25 Mar 2025

O Concello de Muras porá en marcha unha serie de obradoiros de memoria. Pensados especificamente para as persoas maiores, faranse todos os venres de 17:00 a 19:00 horas na Casa do Médico.

Están deseñados xunto coa Asociación de familiares e enfermos de Alzheimer e outras demencias de Lugo (Afalu). Todos os formadores de esta asociación están capacitados para dar cursos do certificado de profesionalidade, AFD e formación continua, polo que contarán coa súa formación e experiencia acreditadas.

As persoas interesadas en anotarse poden facelo no Concello ou chamando ao teléfono 982 500 001.

⚙ Configurar cookies
0.15633106231689