Afammer organiza en Begonte un taller de primeiros auxilios
Begonte acolle un obradoiro de primeiros auxilios dirixido a mulleres maiores de 18 anos que terá lugar na casa da cultura desta localidade o 21 de outubro de 16.00 a 21.00 horas. Está organizado por Afammer, Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural.
Os obxectivos do curso céntranse en adquirir coñecementos básicos sobre o manexo de situacións que requiran actuación de primeiros auxilios básicos e en aclarar dúbidas referentes os primeiros auxilios.
Explicarase como activar o protocolo 112, a asistencia inicial ante un traumatismo, feridas, hemorraxias, convulsións, crises epilépticas, dificultade respiratoria (ansiedade, crise asmática), dor torácica, queimaduras e escaldaduras, perdas de coñecemento, hipoglucemias, reaccións alérxicas, intoxicacións, reanimación cardiopulmonar básica en adultos e infancia, atragoamentos e recoñecemento dunha PCR.
As inscricións poden realizarse ata o 16 de outubro presencialmente no Concello.