Afonso Olegario encabezará a candidatura do BNG en Cospeito

TerraChaXa
Afonso Olegario Aguiar encabezará en Cospeito a candidatura do BNG ás vindeiras eleccións municipais do mes de maio
Afonso Olegario Aguiar Ballesteros, candidato do BNG Alcaldia de Cospeito
29 Mar 2023

A asemblea local do Bloque Nacionalista Galego en Cospeito decidiu quen será a persoa designada para encabezar a candidatura nacionalista á alcaldía nas vindeiras eleccións do 28 de maio.

A persoa elixida por unanimidade pola asemblea é Afonso Olegario Aguiar Ballesteros, de 37 anos, traballador do transporte e gandeiro.

Afonso Olegario Aguiar anunciou “O BNG ten claro o seu proxecto, o que é capaz de levar adiante en Cospeito grandes avances para ser a referencia da vida no rural, con confianza nas súas potencialidades e afondando na mellora da vida da súa veciñanza”.

Neste senso, a candidato do BNG á Alcaldía de Cospeito destacou “o modelo do BNG para os concellos é claro, producir grandes avances con rigor, coherencia, boa xestión e transparencia, os que garanten á veciñanza máis dereitos e máis servizos públicos de calidade”.

Afonso Olegario Aguiar agradeceu ás compañeiras e compañeiros do BNG por confiar nel para liderar o proxecto do BNG “quero agradecerlle a todas as persoas que conformamos o BNG en Cospeito por confiar en min como a persoa capaz de liderar un proxecto político que ilusione e que ten como eixo ás persoas, e máis en especial, a Iolanda García por estes 12 anos de compromiso incansábel con este concello e con este País, e ter como eixo sempre a mellora da vida de todas e todos”.

0.12537908554077