Aforo completo na xornada sobre o castiñeiro de Outeiro de Rei
TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Outeiro de Rei colabora con Campo Lab na celebración da I Xornada do castiñeiro produtor de castaña o 1 de outubro.
17 sep 2022
O Concello de Outeiro de Rei colabora con Campo Lab na celebración da I Xornada do castiñeiro produtor de castaña, que terá lugar na Casa da Cultura de Outeiro de Rei o sábado 1 de outubro a partir das 9:30 horas e ata as 20:30.
As inscricións para participar nesta xornada formativa, que é gratuíta, xa están pechadas debido a que se cubriu xa todo o aforo dispoñible, que era de 125 persoas.
Nesta xornada abordaranse, entre outros temas, o tratamento e manexo de soutos, a tolerancia das plantas de castaño a enfermidades como o chancro e a avispilla, experiencias de I+D+i na conservación e xestión do castaño no Bierzo ou a adaptación dos soutos ao cambio climático.