Afouteza de Abadín convoca un curso de manualidades e restauración para adultos

O colectivo Afouteza de Abadín, asociación de mulleres rurais de recente creación, presentou algunhas das actividades que se desenvolverán durante o curso que se inicia.
Así, para os adultos da localidade convocan un curso de manualidades e restauración que terá lugar os luns, de 19.30 a 21.30 horas na antiga casa do Concello.
A data límite para anotarse é o 30 de setembro e esta debe facerse nos teléfonos 630 528 742 e 619 331 655. O prezo é de 30 euros ao mes para os fillos dos socios e de 35 para o resto.
O curso dará comezo o 7 de outubro. A formación estará adaptada a todos os niveis, dende o máis básico a técnicas máis avanzadas. Levaranse a cabo actividades como transformación de mobles vellos en actuais, decoración e restauración de obxectos, técnicas con pintura, etc.