Afouteza de Abadín convoca un taller de manualidades para a cativada

TerraChaXa
Será os luns pola tarde na antiga casa do Concello
taller-de-manualidades-afouteza
17 sep 2024

O colectivo Afouteza de Abadín, asociación de mulleres rurais de recente creación, presentou algunhas das actividades que se desenvolverán durante o curso que se inicia.

Así, para os nenos e nenas da localidade convocan un taller de manualidades e pintura dirixido a aqueles que teñan entre 4 e 12 anos.

Terá lugar os luns, de 17.45 a 19.15 horas na antiga casa do Concello.

A data límite para anotarse é o 30 de setembro e esta debe facerse nos teléfonos 630 528 742 e 619 331 655. O prezo é de 25 euros ao mes para os fillos dos socios e de 30 para o resto.

Este tipo de actividades ofrece grandes beneficios aos/ás nenos e nenas, xa que axuda a estimular a súa aprendizaxe, mellora a concentración, fomenta o traballo en equipo e a socialización, contribúe ao desenvolvemento das habilidades motrices e cognitivas

0.10602402687073