AFRICOR LUGO involúcrase no Centro de Recría comezando coa súa promoción entre 1.500 gandeiros da provincia

TerraChaXa
O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o representante de Recría Castro S.
Grille, Campos e Vega nas instalacións do Centro de Recría de Castro
30 Nov 2017

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o representante de Recría Castro S.L e membro de SERAGRO, Rogelio Grille Barbeira, e o Presidente de AFRICOR LUGO, José Carlos Vega Rodríguez, asinaron este xoves un convenio de colaboración mediante o cal a Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos (AFRICOR LUGO) se involucra oficialmente no funcionamento do Centro de Recría. Comeza promocionando e dando a coñecer entre os máis de 1.500 gandeiros de toda a provincia que forman parte deste colectivo os servizos e vantaxes produtivas e económicas, entre outras cuestións, do que é o 1ºcentro de recría público en España.

Trátanse dunhas instalacións de titularidade pública, pois construíunas o Goberno da Deputación con 12 millóns de euros nas dependencias provinciais da Granxa Gayoso Castro que se sitúan no Concello de Castro de Rei, cuxa xestión controla o organismo provincial tras aprobar un modelo de concesión pública do servizo que así o recolle. Foi un procedemento de concorrencia competitiva cuxo concesionaria resultou ser Recría Castro S.L, que conta coa participación directa de SERAGRO.

Campos Conde explicou que a primeira actuación que se levará a cabo froito deste convenio consistirá en que os técnicos de AFRICOR, que son os encargados de recompilar mensualmente os datos de control leiteiro de 1.500 explotacións lácteas de toda a provincia, informen minuciosamente a estes profesionais sobre os servizos e vantaxes produtivas e económicas do centro de recría; as garantías destas prestación; os dereitos dos usuarios que recolle o regulamento elaborado polo Goberno da Deputación ou mesmo as vías e facilidades de uso destas instalacións públicas por parte de gandeiros lucenses. Cómpre destacar que son estes os que teñen preferencia de acceso, tal e como fixan os pregos que estableceu o Executivo Provincial.

Grille Barbeita apuntou que “a través desta nova colaboración poderemos chegar a máis produtores da provincia, que son os potenciais usuarios deste centro; pois a intención de Recría Castro é ofrecer aos gandeiros lucenses un servizo que redunde nun beneficio tanto económico como de mellora xenética dos animais”.

Pola súa banda, Vega Rodríguez destacou que “o Centro de Recría é unha oportunidade única para favorecer o desenvolvemento da cabana de gando frisón que temos na provincia de Lugo, unha das máis extensas de Galicia”.

30 ganderías interesadas
Dende a sinatura da concesión pública do Centro de Recría da Deputación, son xa 30 as gandeirías lucenses que, oficialmente, se interesaron por levar a estas instalacións públicas as súas novillas. Todos os interesados poden solicitar máis información en info@recriacastro.es ou en www.deputaciónlugo.gal onde está publicado o regulamento de dereitos dos usuarios.

O Centro de Recría aforrará custos aos gandeiros, pois ofrecerá un prezo de 2,39 euros ao día, que inclúen, ademais da propia recría, a alimentación, control sanitario, revisións veterinarias, tratamentos de fertilización e mesmo o servizo de transporte dos animais, a diferenza de centros privados. Ten capacidade para 3.000 novillas.

Ademais do aforro de custos para os gandeiros, que non terán que recriar fóra de Galicia a súa cabana; o Centro de Recría xerará un volume de negocio anula superior aos 3 millóns de euros unha vez que estea a todo rendemento; ademais de xerar novos postos de traballo, pois requírese da contratación de persoal para o coidado dos animais (que o fará a concesionaria), ao tempo que dinamizará a economía cando menos local, xerando unha nova actividade no Concello de Castro de Rei.

0.1492280960083