"Afrontamos a nova etapa cheas de ilusión e con moitas ganas de mellorar e gozar dun novo curso"

TerraChaXa
Ana Iglesias Ares é a primeira adestradora e fundadora do club Violeta de gimnasia rítmica
club-violeta-ximnasia-ritmica1
8 Dec 2024

A ximnasia rítmica iniciou xa unha nova tempada na comarca, preparando ás ximnastas para unha nova competición e facéndoas desfrutar dun deporte que é un clásico entre as rapazas da comarca, aínda que xa hai algún rapaz que se apuntan a este deporte.

Falar de ximnasia rítmica na comarca da Terra Chá é falar do Club Violeta, con sede en Begonte, pero que xa está a traballar en numerosos concellos da contorna.

Falamos coa súa fundadora, que tamén é a primeira adestradora do club, Ana Iglesias Ares.

Cando nace e como xurdiu a idea?

Hai 39 anos comecei a impartir clases de ximnasia rítmica na zona de Terra Chá e aos poucos foi xurdindo a necesidade de darlle saída ás competicións a nenas que destacaban e íaselles quedando escasa unha soa exhibición en fin de curso. No ano 1993 co apoio da miña familia, fundei o Club Violeta. Comecei en Vilalba pero, pouco a pouco, os concellos da zona foron demandando esta actividade ata expandirnos por toda a comarca.

Cuantos deportistas e categorías teñen?

Na competición do club actualmente temos ao redor de 150 ximnastas que competición de todas as categorías e niveis. Ademais, nas escolas municipais coas que temos convenio sumamos 250. Despois, somos 4 adestradoras e 4 axudantes.

Como se presenta a tempada?

Afrontamos a nova etapa cheas de ilusión e con moitas ganas de mellorar e gozar dun novo curso.

Cales son os proxectos máis inmediatos de futuro?

Non temos metas concretas para nós, o fundamental é manternos onde estamos e seguir creando afección por este fermoso deporte na nosa comarca.

E necesidades?

Supoño que as mesmas de toda a xente que adestra en calquera deporte, mellorar as condicións dos adestramentos, instalacións e recursos en xeral.

Contando con axuda para manter ou club activo?

Si, a parte das típicas institucións como a Deputación, que adoita outorgar algunha subvención aos clubs deportivos, contamos co apoio do concello de Begonte, que tamén colabora connosco.

Que nos pode dicir da afección?

Pois que é unha afección incondicional e chea de paixón e entrega, penso que valoran moito o noso traballo e sobre todo están moi contentos coa ilusión que ven nos seus fillos pola rítmica.

Ademais da competición programan máis actividades?

Si, a parte das distintas competicións oficiais, organizamos torneos amigables para as escolas municipais en distintos concellos e un festival de ximnasia que adóitase organizar en Vilalba a final de cada tempada.

A ximnasia rítmica está considerado un deporte feminino. A que idade é apropiado comezar?

O mellor para comezar a practicar a ximnasia rítmica é facelo ao redor dos 5 anos. É certo que a inmensa maioría son mozas, aínda que aos poucos cada vez máis mozos van collendo gusto... de feito, hai algúns a nivel galego e nacional realmente bos.

Que beneficios achega?

Fisicamente é un deporte moi completo, achega sobor de todo coordinación, equilibrio, flexibilidade, forza, resistencia e harmonía no movemento, por citar algún... A nivel mental destacaría a disciplina, o traballo en equipo e o vínculo tan forte que se crea entre as ximnastas e que perdura a través do tempo, aínda despois de moitos anos retiradas da competición.

De que logros senten máis orgullosos?

Malia contar con varios títulos oficiais a nivel galego tanto en conxunto como individual, agora mesmo diría que do que máis nos sentimos orgullosas é da gran actuación do conxunto sénior de base o pasado sábado 23 no campionato nacional que tivo lugar en Zaragoza. Para tres das ximnastas máis veteranas (Judith Dobao, Tania Gayoso e Ana Vilela) era a súa última actuación e foi un fermoso broche final a unha entregada vida deportiva de máis de 20 anos neste club.... foi moi emocionante.

0.16387701034546