Agarimo de Santaballa organiza clases de ioga, pilates e pandeireta
A Asociación de Mulleres Rurais Agarimo de Santaballa ten previsto realizar durante o ano unha serie de obradoiros dirixidos aos seus veciños.
Así, haberá ioga para socias de Agarimo e socios do Padroado os martes de 20.30 a 22.00 horas a un prezo de 20 euros ao mes. Darán comezo as clases o 4 de outubro.
Tamén haberá pilates para o mesmo público. Serán os mércores de 19.00 horas a 20.00 horas comezando o 5 de outubro aínda que o mércores 28 haberá unha clase de proba. Tamén ten un prezo de 20 euros.
Finalmente teñen previsto outro de pandeireta, que se desenvolverá os vernes en horario e data de comezo sen determinar. Terá un prezo de 5 euros ao mes.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse no 647 441 099 preguntando po Laura. Todos os cursos están subvencionados pola asociación.