AGCT ensina libélulas e cabaliños do demo nas Terras do Miño

TerraChaXa
A Asociación Galega de Custodia do Territorio prepara para o sábado 12 de agosto unha saída pola Reserva da Biosfera de Terras do Miño para observar elevada biodiversidade de libélulas e cabaliños do demo existentes neste territorio.
libelulas
2 Ago 2017

A xornada guiada por Martiño Cabana e Anxos Romeo comezará ás once da mañá na Casa das Insuas de Rábade onde comezarán as visitas aos diferentes ríos, lagoas e humidais da zona en vehículos propios.

É necesario levar roupa e calzado de campo cómodo así como bebida e comida para o xantar.

A inscrición pode formalizarse de forma gratuíta na páxina web da AGCT.

0.20457696914673