AGCT limpa a Pedreira do Marco

TerraChaXa
Antes da chegada das choivas, a Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) rematará cos traballos de limpeza e restauración ambiental da Pedreira do Marco.
14 sep 2017

Antes da chegada das choivas, a Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) rematará cos traballos de limpeza e restauración ambiental da Pedreira do Marco.

Para isto, o sábado 23 de setembro, entre as dez da mañá e as dúas do mediodía realizarán unha limpeza de lixo na zona para evitar a contaminación das augas deste humidal. O punto de reunión será, como é habitual, a Casa das Insuas (Rábade) e desde alí dirixiranse en vehículos propios ata o humidal, situada a tres quilómetros.

Os interesados e interesadas en participar poden inscribirse de xeito gratuíto a través da web da AGCT. Máis información en custodiadoterritorio@gmail.com ou no 630 94 82 93.

0.19953799247742