Abre na muresa Aguias a mostra fotográfica sobre a malla de Antón Beiras

TerraChaXa
Esta mostra é a primeira actividade do colectivo Legado Activo Beiras Cal que pretende darlle continuidade a estas dúas figuras locais
exposicion-anton-beiras-a-malla-de-pascual-en-aguias
Unha das fotografías da exposición
25 Xul 2024

Moita emoción na apertura da exposición de fotografías de Antón Beiras na aldea das Aguias, en Muras, o primeiro proxecto do colectivo Legado Activo Beiras Cal.

Esta mostra pretende darlle continuidade ao compromiso do oculista Antón Beiras e a pedagoga Antía Cal coa súa terra, co progreso e os valores da tolerancia e a democracia. Por iso no acto de inauguración da mostra tivo especial relevancia Beatriza Beiras Cal, a filla destes dous persoeiros de Muras.

A mostra leva por título A malla de Pascual, 1957 e poderá visitarse ata o 27 de outubro nunha antiga caseta de Correos dun mesón que foi recuperada para a ocasión e que está situada na estrada que comunicaba Lugo con Viveiro. Alí estivo tamén Luz Guerreiro, neta de Pascual, o gran protagonista da mostra.

Ademais, tamén estiveron outras autoridades, encabezadas polo alcalde de Muras, Manuel Requeijo, o deputado de Medio Ambiente, Carlos López, e a xefa de Área Provincial de Turismo, Paloma Vázquez.

A exposición fotográfica A Malla de Pascual 1957 reúne unha serie fotográfica realizada por Antón Beiras na eira da casa dos de Pascual e agora exhíbese por vez primeira onde foron tiradas asfotografías e onde os seus protagonistas realizaban unha das tarefas do campo máis importantes para o súa subsistencia.

A dignificación do traballo, o papel da muller nos labores agrícolas, a contribución de nenos e nenas na malla son elementos claves que Antón Beiras busca retratar e que pon no primeiro plano do seu obxectivo.

Animou a xornada a música do acordeonista Suso Alonso.

0.09080982208252