Aínda queda ata o 5 de maio para gastar Panchas en Ribadeo

TerraChaXa | AMariñaXa
Cando faltan oito días para que remate a campaña das panchas o alcalde, Fernando Suárez, anima a todos aqueles que conten con esta moeda local a que a gasten ao longo dos vindeiros días nos comercios que participan nesta iniciativa.
28 Abr 2019

Cando faltan oito días para que remate a campaña das panchas o alcalde, Fernando Suárez, anima a todos aqueles que conten con esta moeda local a que a gasten ao longo dos vindeiros días nos comercios que participan nesta iniciativa. O rexedor subliña que a experiencia está a resultar moi positiva e asegura que xa foron canxeadas a metade das panchas, unhas 20.000.

Fernando Suárez comentou que “encarando a recta final, xa que quedan oito días para pagar coas panchas, a nosa moeda local, nesta iniciativa creada e financiada polo Concello de Ribadeo, que conta coa colaboración de ABanca e de ACISA, e coa que pretendemos dinamizar o noso comercio local e impulsar unha maior sensibilización de mercar no noso comercio, pois é sen dúbida unha roda circular que move o resto da economía do concello”.

O alcalde indicou que “a día de hoxe podemos dicir que a metade das panchas xa foron canxeadas polo comercio que está a participar nesta iniciativa, e a sensación que nos transmiten os comerciantes participantes é moi positiva, así como tamén a clientela en xeral, ben sexa de Ribadeo como do resto da Mariña ou do occidente asturiano”.

O rexedor animou “a que nos oito días que quedan se continúe nesta liña para que se gasten todas, para poder canxealas e seguir polo tanto dinamizando o noso comercio local con esta iniciativa que é segura, que é fiable, potente e que facemos en Ribadeo”.

0.18916988372803