Airiños de Orbazai estrea en Vilalba o seu novo disco, 'Orixe'

O grupo de cantos populares e música tradicional Airiños de Orbazai ofrecerá un concerto especial o próximo domingo 6 de abril de 2025, ás 20:00 horas, no auditorio Carmen Estévez de Vilalba. O evento servirá como presentación oficial do seu novo traballo discográfico, titulado Orixe.
A agrupación, coordinada por Javier Pajón, convida ao público a asistir a este concerto, no que darán a coñecer as súas novas composicións mantendo a esencia da música tradicional galega. A entrada será de balde e as persoas interesadas poden retirar as súas localidades a través da web do auditorio.
Con este novo proxecto, Airiños de Orbazai reafirma o seu compromiso coa recuperación e divulgación do patrimonio musical galego, ofrecendo un espectáculo cheo de emoción e raíces.