Alba e San Lorenzo de Árbol festexan o San Xoán

TerraChaXa
As localidades vilalbesas de Alba e San Lorenzo de Árbol estarán de festa esta fin de semana para celebrar o San Xoán.
festas vilalba portada
20 Jun 2023

As localidades vilalbesas de Alba e San Lorenzo de Árbol estarán de festa esta fin de semana para celebrar o San Xoán.

Na primeira as festas arrancarán o sábado cunha misa solemne ás 13.30 horas e a actuación da orquestra Los Españoles en sesión vermú e verbena. Nesta última tamén contarán coa actuación do dúo Eclipse.

O domingo continuará a festa. Despois da misa solemne haberá proecesión e sesión vermú co grupo Jaque, que tamén fará a verbena a partir das 22.00 horas.

En San Lorenzo de Árbeol o San Xoán festexarase cunha comida veciñal o sábado 24. A misa ás 13.30 horas e a sesión vermú con Cerna de Árbol e o dúo Caramelo servirán de antesala ao xantar, que se fará baixo carpa a base de empanada, xamón cocido, polbo con cachelos, churrasco, postre e café. Este ten un prezo de 30 euros para adultos e de 15 para nenos entre 5 e 10 anos.

Trala comida haberá baiel coas mesmas orquestras. Para anotarse hai que falar con Pablito (654 620 270) ou Ángel (674 089 559). Hoxe remata o prazo.

0.16101598739624