Alba Grande actúa este sábado na casa museo de Manuel María

TerraChaXa | LugoXa
A actriz, titiriteira e contadora ourensá Alba Grande levará a cabo este sábado, na Casa-Museo Manuel María, unha función de narración oral.
actriz titiriteira e contacontos alba grande
19 May 2022

A actriz, titiriteira e contadora ourensá Alba Grande levará a cabo este sábado, 21 de maio, ás 17 horas, na Casa-Museo Manuel María, unha función de narración oral, Contos arredor do lume, dirixida para público familiar a partir de 5 anos.

Serán catro contos de tradicións populares que nos falarán de lumes grandes e pequenos, de fragas e paxaros e de cobras e mulleres. Un espectáculo que inclúe o son dun pandeiro redondo tradicional, coplas populares cantadas e escenas de títeres creados con obxectos.

Un fermoso alegato sobre o coidado da nosa contorna a través Vasalisa e Baba Iagá, A paporroiba valente que loitou contra o lume que incendiaba a fraga, A paxariña que trouxo o lume á humanidade e O rato e a rateira.

É necesario facer reserva (billete 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16210103034973