Alba Sinde, elixida como secretaria xeral do PSdeG en Castro de Rei

Alba Sinde, actual voceira no Concello de Castro de Rei, foi elixida como nova Secretaria Xeral do PSdeG nesta localidade.
Xunto a ela, o equipo de organización estará coordinado por Iria Campo Piñeiro; en Política Municipal, por Marcos Carballo Macía; no ámbito agropecuario, por Carlos Sinde Basanta; e en Muller e Mundo Rural, por María José Folgueira Lage.
Segundo destacaron desde o partido, este grupo nace coa misión de continuar traballando pola igualdade, impulsar o desenvolvemento e fortalecer o futuro de Castro de Rei, mantendo unha participación activa na vida política e social do municipio.