Alba Sinde presenta a súa candidatura polo PSOE en Castro de Rei

TerraChaXa | LugoXa
A candidata de Castro de Rei, Alba Sinde, amosouse con “moitas ganas de ser a próxima alcaldesa para cambiar o rumbo do municipio”.
presentacion proxecto castro de rei psoe
19 Maio 2023

A candidata á Alcaldía de Castro de Rei, Alba Sinde, amosouse este xoves con “moitas ganas de ser a próxima alcaldesa para cambiar o rumbo do municipio e loitar para que a xente nova poida facer o seu proxecto de vida aquí”.

A candidata á Alcaldía de Castro de Rei, Alba Sinde, amosouse este xoves con “moitas ganas de ser a próxima alcaldesa para cambiar o rumbo do municipio e loitar para que a xente nova poida facer o seu proxecto de vida aquí”. Así o dixo no encontro socialista celebrado onte no Centro Sociocultural Xosé Manuel Carballo, onde estivo acompañada pola deputada no Congreso Ana Prieto e o voceiro socialista no Parlamento de Galicia, Luis Álvarez, ademais de por veciños e veciñas, militantes, simpatizantes e cargos orgánicos e institucionais do partido na comarca chairega.

A candidata ten claro que unha vez chegue á Alcaldía empezará por facer unha avaliación de como están as contas, os proxectos e atender as necesidades máis inmediatas do municipio, ao tempo que tamén prestará atención á situación da zona de traballo municipal. “Traballaremos coa máxima transparencia en todo momento, será o noso sinal de identidade á hora de gobernar”, manifestou.

“As iniciativas que recolle o noso programa electoral teñen no eixo central que van contribuír a fixar poboación en Castro de Rei para frear o despoboamento que estamos vivindo. Queremos que a xente se quede a vivir aquí e non marche a outros concellos próximos porque aquí non pode desenvolver o seu proxecto de vida”, asegurou. Nese sentido, avanza a creación de vivendas sociais, medidas de conciliación familiar e laboral, e atención aos maiores, explicando que o seu proxecto contempla a creación dun Centro de Día e dun programa de actividades que lles permita ter un tempo de lecer de calidade e que favoreza o seu benestar físico e emocional.

Servizos básicos

Alba Sinde detallou que o seu proxecto de Goberno é “realista” e que por iso contempla a dotación de alumeado público, a mellora do saneamento e a construción de traídas de auga nos núcleos que carecen destes servizos básicos, ao tempo que traballará no mantemento de estradas municipais e accesos aos núcleos.

Tamén fixo fincapé en que, se acada a confianza dos veciños, loitará dende o Concello e “chegará a onde faga falta” para garantir unha asistencia médica para toda a poboación, esixíndolle á Xunta de Galicia que reforce o persoal médico do centro de saúde de Castro de Rei.

Entre outras iniciativas, propón a revitalización do turismo co mantemento e posta en valor dos itinerarios e recursos existentes como a ruta do Azúmara, a ruta da Escrita, a Lagoa de Caque ou o Carballo de Luxís, entre moitas outras.

Manifestou que ve necesario “fomentar os espazos de interacción cidadá” e que para iso se van impulsar eventos, actividades, escolas deportivas, ao tempo que se apoiará ao tecido asociativo para que prolifere unha dinámica programación de lecer en Castro de Rei.

Candidatura socialista de Castro de Rei

Sinde concorre ás eleccións cunha candidatura que está conformada “en cremalleira, cunha igualdade real, con persoas de todas as idades e con experiencias vitais moi diversas que ademais forman parte de colectivos e asociacións moi arraigadas no municipio”.

A candidatura socialista de Castro de Rei para as vindeiras eleccións municipais do 28 de maio está composta polos seguintes veciños e veciñas:

1- Alba Sinde Paz
2. José Luis Castro Tellado
3. María Josefa Folgueira Lage
4. Carlos Sinde Basanta
5. Ana María Canto Rodríguez
6. Sergio Peteira Iglesias
7. Trinidad Castro Docando
8. Juan José Díaz Valiño
9. Lucía Tojeiro Lamas
10. José María Campo Castro
11. Marisa Rodríguez Gigán
12. Mario Saavedra Pérez
13. Iria Campo Piñeiro

Suplentes: José Carballeira Valiña, Marta Lorenzo Veiga e Luis Veiga Veiga.

0.18350982666016