Alberta Lorenzo volve gañar o premio de investigación Xermade na Historia
O xurado do IX Premio de Investigación Xermade na historia outorgou o primeiro premio á obra Realidade demográfica e socioeconómica de Xermade no século XVIII: O papel da muller, presentado por Alberta Lorenzo Aspres, doutora en Arquitectura pola Universidade de A Coruña. Conforme coas bases do certame, o premio a conceder é de 2.000 euros.
Alberta Lorenzo foi a gañadora do premio Hume de investigación no ano 2021 e tamén recibiu este mesmo galardón o ano pasado.
O xurado acordou tamén declarar deserto o segundo premio, dotado con mil euros.
O xurado do Premio de Investigación Xermade na historia estivo composto por Roberto García Pernas, alcalde do concello de Xermade como presidente; José Manuel Felpeto Carballeira, presidente da Asociación de veciños de Cabreiros; os profesores María López Sande e Josefa Rey Castiñeira e María Luisa Barreiro Mejuto, presidenta dao Iescha, como especialistas.
Os premios serán entregados o próximo 3 de xuño na Casa-escola de Cabreiros, dentro da programación das XIX Xornadas Interxeracionais Rurais. Haberá tamén unha presentación do traballo por parte da gañadora.