Alberto Gil e Elena Veres brillan na XI Carreira Popular de Friol

LugoXa | TerraChaXa
En xuvenil masculino, Mateo Villar foi o primeiro en cruzar a meta, seguido por Marcos Seijas e Abel Fagil
carreira-popular-de-Friol
27 Apr 2025

A localidade de Friol converteuse este sábado nun fervedoiro de deporte e emoción coa celebración da undécima edición da súa carreira popular. A cita, con saída e meta nas inmediacións do colexio da vila, reuniu a centos de corredores e corredoras.

Na categoría absoluta masculina, Alberto Gil foi o gran triunfador ao completar os cinco quilómetros de percorrido cun tempo de 16:43 minutos. Moi preto estivo Marcos Pereira, que cruzou a meta en 16:48, mentres que Cristian Monceló completou o podio cun rexistro de 16:52.

Na categoría absoluta feminina, Elena Veres impuxo un ritmo fortísimo e proclamouse vencedora cun tempo de 19:17 minutos. Ana Abuín, con 19:35, e Ana Belén González Margaride, con 19:43, acadaron o segundo e terceiro posto respectivamente.

En xuvenil masculino, Mateo Villar foi o primeiro en cruzar a meta cun tempo de 19:21 minutos, seguido por Marcos Seijas (20:52) e Abel Fagil (22:19). Na categoría cadete masculina, Luís Berdeal da Barrera foi o máis rápido cun rexistro de 17:51 minutos, por diante de Héctor Ferro e David Díaz.

En infantil masculino, Pablo Rodríguez dominou cun tempo de 4:45 minutos, superando a Fran Miragaya (4:56) e Manuel Lage (5:21). No infantil feminino, Amelia Carrillo proclamouse vencedora cun tempo de 5:12 minutos, seguida de Sabela Sánchez (5:24).

Entre os alevíns, Nicolás Amado destacou no masculino cun tempo de 2:10 minutos, mentres que Celia Mella foi a máis rápida no feminino, cruzando a meta en 2:18 minutos. En benxamín, Arai Gallardo (2:25) e Mireia Díaz (2:28) impuxéronse nas súas categorías.

A carreira tamén contou coa participación dos máis pequenos, nacidos entre 2018 e 2020, nunha xornada marcada polo deporte, a convivencia e a ilusión de todos os asistentes.

⚙ Configurar cookies
0.15776681900024