Alcoa reducirá o número de auxiliares para afrontar a crise

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Alcoa comunicou ao comité de empresa varias medidas que tomará para facer fronte a crise económica e sanitaria.
23 Abr 2020

Alcoa comunicou ao comité de empresa varias medidas que tomará para facer fronte a crise económica e sanitaria.

A primeira é garantir a saúde e seguridade dos traballadores e a segunda está enfocada á actividade laboral, así, na planta de aluminio deixará inactivas as cubas máis vellas, unhas 6 ou 7 ao mes. O que intentarán será que impacte o menos posible na actividade da fábrica xa que agora mesmo hai 474 cubas activas.

Dende a plataforma dos auxiliares de Alcoa San Cibrao amosan a súa profunda preocupación polo novo anuncio de paro de cubas.

"O anuncio de parada de cubas, cando chegan o fin do ciclo de vida útil, parece unha mostra de desinterese de voltar a poñelas en funcionamento en canto o mercado mundial se reactive, de haber interese de voltar a arrancalas estas cubas seguirían o proceso de desbrascaxe e realización do mantemento ordinario para o seu arranque inmediato en canto o mercado o permita”, din dende a plataforma.

Esta medida de paro de cubas afecta directamente ao redor de 50 traballadores de empresas auxiliares que agora mesmo ven perigar o seu posto de traballo.

Cando a plataforma de auxiliares botou a andar dicían que "o principal medo e que a mínima que chegase un golpe mal dado, os primeiros en ver cortado o seu pescozo seríamos nós, os traballadores das auxiliares", engaden.

Por isto solicitan a dirección de Alcoa e a dirección das empresas auxiliares involucradas un "compromiso social coa comarca, que ningún traballador vexa eliminado o seu posto de traballo e sexan recolocados noutras actividades dentro da factoría. Ou, como mínimo, o compromiso en que ningún traballador verá reducida a súa capacidade adquisitiva", comentan desde Alcoa.

Segundo a plataforma das auxiliares "esta comarca arrimou o hombro, e segue arrimando, solicitando unha tarifa eléctrica estable e competitiva para o futuro da factoría, pois é o momento de ver agora o compromiso de Alcoa coa comarca e cos seus veciños".

Tamén solicitan que o comité de Alcoa e as distintas seccións sindicais fagan súas as reivindicacións ao igual que esta plataforma e os seus representados fixeron súas as súas reivindicacións.

0.14171195030212