A reunión entre Alcoa e os tralladores remata sen acordo

TerraChaXa | LugoXa
As negociacións entre o comité de empresa e a dirección de Alcoa finalizaron sen acordo.
Captura de pantalla 2018 11 07 a las 11.29.58
4 Ago 2020

As negociacións entre o comité de empresa e a dirección de Alcoa finalizaron sen acordo.

A reunión de hoxe pola tarde en Lugo "foi moi tensa", según o comité de empresa de Alcoa, e ademais acadaron unha nova proposta por parte da compañía cuxo contido non quixo desvelar o comité polo de agora. "Estamos a valorar entre todos o que imos dicir", comentaron despois da reunión.

O comité de empresa pide que se paralice o Ere o cal consideran fraudulento, e que "o Goberno é o que ten que liderar o proceso e paralizar todo, a estes señores regalóuselles a fábrica que estaba funcionando ao 100% fai 20 anos e non a poden deixar tirada no chan e desguazada. Teñena que deixar como a atoparon, funcionando e con viabilidade para que outro se quere funcionar con ela poida facelo", di J. A. Zan, presidente do comité de empresa.

"Despois de hoxe, que en teoría remata o proceso, ven o día 5 e o 6 e nos vamos seguir fabricando e loitando", dixo Zan mentras os seus compañeiros coreaban "as cubas non se paran".

"Eles seguen erre que erre, estamos facendo propostas sempre en cando as cubas non se paren. E moi importante que sintan a nosa presión aquí", recalcou.

Mentras tanto Núñez Feijoo pidelle ao Goberno central solucións inmediatas para garantir a única fábrica de alumnio primario de España, e instou unha vez máis á compañía para desistir do despedimento colectivo ante a oferta de Liberty House, e insistiu en que incorrerá nun fraude se actúa de mala fe.

A multinacional americana ofreceu onte dúas propostas, por unha banda manter o ERE para un máximo de 534 traballadores da planta de aluminio e hibernar as cubas así como iniciar un proceso de venda esixindo ao comprador a incorporación dos traballadores. E pola outra, facer un ERTE para os 534 traballadores ata o 31 de xullo de 2022, hibernar as cubas polo menos 120 días, iniciar o proceso de venda durante 9 meses e tralo suposto de vendela comprométese a arrincar outra vez as cubas e no caso negativo, é dicir, se a venda fracasa, e se as condicións de mercado son favorables cun prezo competitivo, valorarían a posibilidade de volver arrincar as cubas incorporando aos traballadores do ERTE.

0.19324207305908