Alcoa San Cibrao aumenta as medidas ante o rebrote de coronavirus

TerraChaXa | LugoXa
4 Xul 2020

Tralo rebrote do coronavirus na Mariña o comité de empresa de Alcoa San Cibrao comunicou que volverán a tomar medidas sanitarias.

Así, as cámaras termográficas volverán a estar operativas para as visitas, camioneiros e empresas auxiliares foro da contorna, volverase a implantar o teletraballo, aprazaranse os traballos non esenciais, restrinxiranse as visitas, as máscaras será de uso obrigratorio en toda a planta e revisarase o aforo en vestiarios, cambios de quenda, comedores e zonas comúns.

Ademais o comité solicitou a reapertura do comedor para a entrega de bocadillos e menús para levar, así como a apertura do comedor de bolsas.

A empresa informou de que a vindeira entrega de 4 ETTs nas series e da incorporación inmediata dos dous electrodos e dous en fundición que xa estiveran traballando.

Por outra banda o comité informou de que as vindeiras mobilizacións serán o martes 7 de xullo na entrada da fábrica, día que se reunirán co secretario de Industria Raúl Blanco en Madrid; o 9 de xullo e o martes 14 haberá unha reunión de consultas en Lugo, e o día 10 será a mobilización ante a delegación do Goberno na Coruña.

0.12467217445374