Aldixe, Corvite e Labrada, en Abadín, festexan a San Pedro
As localidades de Aldixe, Labrada e Corvite, en Abadín, celebra as súas festas na honra de San Pedro a última fin de semana de xuño polo que o sábado inician os festexos
En Aldixe, darán comezo ás 13.30 horas, coa celebración da misa solemne seguida da procesión e sesión vermú a cargo de Lecer, que amenizará a verbena da noite xunto ao dúo De Festa.
O domingo, o oficio relixioso será á mesma hora pero a procesión terá ao grupo Cerna de Árbol como acompañante. O trío Banarama será o protagonista da sesión vermú que pechará as festas. O campo da festa estará cuberto con carpa.
En Labrada as celebracións contarán o sábado con Los Adrianos, en dobre sesión, e co grupo Beatriz para completar a verbena. O domingo contarán co trío Merengue para poñer en sesión vermú o fin de festa.
Ademais, haberá misa os dous días ás 13.00 horas e colchonetas de balde para os nenos na sesión vermú. Tamén terán carpa no campo da festa.
Finalmente, en Corvite, arrancarán tamén coa misa, ás 13.30 horas, seguida de procesión. A sesión vermú estará a cargo de Fuxsion Latina, que tocará ao mediodía e á noite, e completarán a verbena cun cantante da zona.
O domingo, ás 13.30 horas haberá misa tamén e a sesión vermú de fin de festa estará a cargo do grupo JB Son.