Aldixe e Labrada, en Abadín, festexan a San Pedro

TerraChaXa
Serán nas dúas localidades o sábado e o domingo
banderines-festas-patronais
Festas
24 Jun 2025

As localidades de Aldixe e Labrada, en Abadín, celebra as súas festas na honra de San Pedro a última fin de semana de xuño polo que o sábado inician os festexos

En Aldixe, darán comezo ás 13.30 horas, coa celebración da misa solemne seguida da procesión e sesión vermú a cargo de Los Adrianos, que amenizará a verbena da noite xunto ao dúo Venus.

O domingo, o oficio relixioso será á mesma hora pero a procesión terá ao grupo Cerna de Árbol como acompañante. O dúo Belinda será o protagonista da sesión vermú que pechará as festas. O campo da festa estará cuberto con carpa.

En Labrada as celebracións contarán o sábado con Montreal, en dobre sesión, e co grupo Furia Joven para completar a verbena. O domingo contarán co dúo La Hora Bruja para poñer en sesión vermú o fin de festa.

Ademais, haberá misa os dous días ás 13.00 horas e colchonetas de balde para os nenos na sesión vermú os dous días. Tamén terán carpa no campo da festa.

 

⚙ Configurar cookies
0.16698384284973