Aldurfe celebra as súas patronais a fin de semana
A localidade de Aldurfe, en Riotorto, celebra a fin de semana as súas festas patronais na honra a San Pedro.
Estas terán o seu com,ezo o sábado coa misa solemne, ás 14.00 horas, seguida de procesión acompañada do Grupo de Gaitas da Pontenova, que ofrecerá a continuación un concerto, antes da sesión vermú, que estará ao cargo do trío Rubi. Á noite haberá verbena de novo co trío Rubi e a orquestra Capital.
O domingo seguirán as celebracións con misa solemne ás 14.00 horas e procesión xunto á Banda Musical de Lorenzana, que tamén fará un concerto a continuación. A xornada rematará coa sesión vermú do dúo Elixir.
O día 29 terá lugar unha comida popular no campo da da festa, que estará amenizada pola sesión vermú a cargo de Verónica Cambón. Esta cita terá lugar despois da misa solemne, prevista para as 14.00 horas.
As persoas que desexen participar no xantar poden solicitalo na comisión de festas.