Aldurfe celebra as súas patronais esta fin de semana
A localidade de Aldurfe, en Riotorto, celebra a fin de semana as súas festas patronais na honra a San Pedro.
Estas terán o seu comezo o sábado coa misa solemne, ás 13.00 horas, seguida de procesión e sesión vermú, que estará ao cargo do dúo La Hora Bruja. Á noite haberá verbena de novo con este dúo e Ritmo Joven.
O domingo seguirán as celebracións con misa solemne ás 14.00 horas e procesión xunto Gaitas Galegas. A xornada rematará coa sesión vermú do grupo Fénix.
O día 29 terá lugar unha comida popular no campo da da festa, que estará amenizada pola sesión vermú a cargo de Javi Show. Esta cita terá lugar despois da misa solemne, prevista para as 14.00 horas. Haberá tamén sesión de tarde.
As persoas que desexen participar no xantar poden solicitalo na comisión de festas, que lembra que haberá carpa.