Alerta laranxa por ventos de ata 100 km/h en toda Galicia

TerraChaXa
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta recorda a necesidade de extremar as precaucións despois de que Aemet informara dun Fenómeno Metereolóxico Adverso de nivel laranxa por vento e choiva na que se esperan refachos de vento de ata 120 km/h e precipitacións acumuladas nunha hora de 30l/m2 e en 12 horas de ata 90l/m2 para a xornada deste domingo 10 de decembro.
10 Dec 2017

Por ventos agárdanse refachos de ata 120 km/h que afectaran a Comunidade Autónoma coa excepción de Ourense (Miño) onde se acadarán os 100 km/h. Esperase que de comezo na maña do domingo 10 en Ourense (Valdeorras) e Pontevedra (Rías Baixas, Miño). Iniciándose no resto de Galicia nas primeiras horas da tarde do domingo 10.

Por choivas espéranse precipitacións acumuladas de 30l/m2 nunha hora e de 90l/m2 en 12h para a provincia de Pontevedra. Dando comezo a primeiras horas da mañá do domingo día 10.

Sendo o aviso amarelo por choivas para as provincias de A Coruña, Lugo e Ourense. Agardándose precipitacións de 25l/m2 nunha hora e 75l/m2 en 12h en Lugo (Sur) e Ourense. E de ata 40l/m2 en 12 hora en Lugo (A Mariña, Centro e Montaña) e A Coruña e de 20l/m2 para Lugo (Centro, Montaña) e A Coruña.

Esperase que este fenómeno adverso vaia remitindo na madrugada do luns día 11/12/2017

Nivel laranxa en Pontevedra
Pero, a maiores incrementase a alerta vixente a nivel vermello nalgunhas zonas de Galicia. Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir das seis da tarde deste domingo 10 de decembro elévase o nivel de alerta a vermello nas Rías Baixas, no Miño e no interior da provincia de Pontevedra, na montaña de Ourense e na montaña de Lugo, con rachas de vento que poden acadar os 140 qm/h.

Recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

0.1568660736084