Alfonso Blanco terá o seu propio monolito este sábado no Paseo dos Soños de Vilalba
O sacerdote, exmestre e dinamizador cultural Alfonso Blanco Torrado, coordinador da asociación Xermolos de Guitiriz e da Fundación Manuel María e promotor de eventos tan recoñecidos como o Festival de Pardiñas, entrará este segundo sábado de febreiro, día 9, a formar parte do Paseo dos Soños de Vilalba cun Hectómetro Literario propio.
A Irmandade Manuel María, xunto á Asociación Cultural Xermolos, organizan este acto co que se pretende facer unha homenaxe ao traballo realizado por Alfonso Blanco Torrado na Terra Chá.
Ás doce, na Casa da Cultura vilalbesa van intervir persoeiros das letras e da cultura, xente de Xermolos, a alcaldesa de Guitiriz e o Alcalde de Vilalba, o gaiteiro Raul Galego e o cantautor Miro Casabella.
De seguido, no Paseo dos Soños vilalbés, descubrirase o seu Hectómetro Literario, obra do escultor Valdi. Finalmente, todos os participantes se reunirán nun xantar na honra do homenaxeado no Restaurante A Casilla.
Tanto na Casa da Cultura como no Paseo dos Soños e no decurso do xantar, os/as poetas que publicaron traballos no libro Poemas para Alfonso Blanco, Pregoeiro da Luz”, leerán os seus poemas. Este libro está publicado na Biblioteca Virtual de Galicia Digital, podendo accederse a través do ernlace: https://bibliotecavirtual.